Semana intensa para o Santiago Futsal con dous partidos en tres días
Sen apenas descanso o Santiago Futsal empezou onte domingo a preparar unha semana intensa de competición na que terá que disputar dous partidos en só 3 días. Os santiagueses non puideron comezar mellor o mes de Novembro, tras conseguir sumar tres puntos no partido do pasado venres ante Xaén Paraíso Interior e afianzarse na quinta praza con 17 puntos.
Os de Santi Valladares viaxarán mañá a mediodía a Segovia, onde o mércores disputarán o partido de décimo sextos de final da Copa do Rei ante Segovia Futsal, a partir das 20,30h no Pavillón Pedro Delgado a partido único.
Dende Segovia, o xoves viaxarán directamente a Alcalá para realizar a súa última sesión de adestramento da semana antes do partido correspondente á décima xornada de liga que disputará ante inter Movistar o venres día 8 ás 20,30h e que será retransmitido en directo polas cámaras de Energy TV.
Plan de traballo da semana
Luns 4 de Novembro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Forza rápida + Transferencia + Porteiros
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
Martes 5 de Novembro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
11,30h – Sala de prensa do Multiúsos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares
15,30h – Saída cara a Segovia
Mércores 6 de Novembro:
20,30h – Pavillón Pedro Delgado -1/16 Copa do Rei – Segovia Futsal vs Santiago Futsal
Xoves 7 de Novembro:
17 h – Pavillón Caixa Madrid – Táctico
Venres 8 de Novembro:
20,30h – Pavillón Caixa Madrid – inter Movistar vs Santiago Futsal
Sábado 9 de Novembro:
Descanso
Domingo 10 de Novembro:
Descanso











