Semana decisiva para o Santiago Futsal que se enfronta a Marfil Santa Colomba

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O equipo do Santiago Futsal retomou esta mañá os adestramentos para preparar o encontro correspondente á duodécima xornada de liga que os enfrontará a Marfil Santa Colomba este venres ás 21 h no Multiúsos Fontes do Sar.

Os santiagueses enfróntanse a un partido decisivo ante un dos seus rivais máis directos na loita por clasificarse entre os oito primeiros para entrar en postos de Copa de España. A pesar diso, o Santiago Futsal continúa ocupando a quinta praza con 17 puntos, aínda que por detrás veñen apertando forte Montesinos Jumilla empatado a 17 puntos, Burela Pescados Rubén con 15 e Magna Navarra tamén con 15, aínda que cun partido máis.

Pola súa banda, Marfil Santa Colomba é cuarto, con tan só dous puntos de vantaxe do Santiago Futsal, polo que unha vitoria dos de Santi Valladares o venres lles faría escalar ata a cuarta praza. Ambos os dous rivais chegan a este encontro con fame de puntos tras dúas xornadas sen puntuar e coa necesidade de facelo polo difícil final de primeira volta que os espera.

Para este partido, o Santiago Futsal espera seguir contando co apoio da súa afección, ante a cal continúa invicto. As entradas para o partido son a 10 € para adultos e a 1 € para os menores de 13 anos. Ademais, todos os subscritores poderán retirar ata 2 entradas a 5 € cada unha, para este e todos os partidos do Santiago Futsal na casa.

Plan de traballo da semana

Luns 18 de Novembro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Preventivo + Resistencia Mixta
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico

Martes 19 de Novembro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Forza rápida +Transferencia +Porteros
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico

Mércores 20 de Novembro:
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico

Xoves 21 de Novembro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
11,30h – Sala de prensa do Multiúsos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares

Venres 22 de Novembro:
21 h – Multiúsos Fontes do Sar – Santiago Futsal vs Marfil Santa Colomba

Sábado 23 de Novembro:
Descanso

Domingo 24 de Novembro:
Descanso

18 de novembro de 2013 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.