Seis asociacións veciñais participarán no III Campionato de Scalextric Cidade de Ourense
Mañá sábado da comezo na Asociación de Veciños Arranxar, o III Campionato de Scalextric Cidade de Ourense 2013, que se celebrará en seis locais de asociacións de veciños da cidade, previo á final do 25 de xaneiro na Asociación Cultural Evoslot. Esta asociación, xunto á Concellería de Xuventude, organizan o Campionato, que se distribúe en tres categorías:
Infantil: de 6 a 12 anos
Xuvenil: de 12 a 18 anos
Adulto: maiores de 18 anos
A finalidade da iniciativa é ofrecer unha proposta que enriqueza o tempo de ocio tanto dos menores como dos adultos. A concelleira de Xuventude, María Devesa, asistirá á inauguración do Campionato, mañá ás 17 h. na asociación Arranxar.
Todas as persoas que o desexen poden formalizar a súa inscrición nas propias asociacións de veciños, na Oficina Municipal de Información Xuvenil, ou a través dos teléfonos 988388154 / 988388299, ou vía email: xuventude@ourense.es.
A continuación, inclúese o calendario de citas:
Asociación de Veciños Arranxar: 16 de novembro
Asociación de Veciños Carlasca: 14 de decembro
Asociación Os Rosais: 21 de decembro
Asociación San Breixo de Seixalbo: 28 de decembro
Asociación Rabo de Galo: 11 de xaneiro
Asociación As Laxas: 18 de xaneiro
Asociación Cultural Evoslost: 25 de xaneiro (final)











