Sarabela presenta no Auditorio Municipal de Ourense a súa última montaxe “A Idade da Pavía”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

A compañía ourensá Sarabela presentou esta mañá a súa última montaxe A Idade da Pavía, unha obra que conta a historia de amores, felicidades sinxelas, rancores, esquecementos e recordos trastornados, envolta dun realismo máxico característico da pluma do seu autor, Arístides Vargas.

A Idade das Pavías está dirixida por Ánxeles Cuña, e conta co equipo habitual de artistas da compañía ourensá. Ten unha duración dunha hora e vinte minutos, e representarase os vindeiros días en sesións para escolares pola mañá e pola tarde para adultos. Este novo espectáculo de Sarabela está patrocinado pola concellería de Educación e Cultura do Concello de Ourense.

As representacións serán no Auditorio Municipal as 11 h da mañá dos días 2 (este día tamén as 16 h), 3, 4 e 5 de decembro. A maiores tamén haberá sesións pola tarde ás 20.30 h os días 29 (estrea) e 30 de novembro e 1, 4 e 5 de decembro. O prezo para os pases de tarde será de 5 €.

28 de novembro de 2013 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.