Samaín cultural en Dodro
O Concello de Dodro celebrou o Samaín organizando un ciclo de actividades culturais os días 29, 30 e 31 de outubro. No marco destas actuacións, as máis novas/os do municipio coñeceron dun xeito lúdico a orixe e tradición da festividade e pasárono de medo na biblioteca deseñando cabazas, disfrazándose de Santa Compaña e elaborando comidas terroríficas.
Este ciclo adicado ao Samaín clausurouse o día 31, coa obra “Contos para Escagarriñarse” do Teatro dos Ghazafelhos que fixo desfrutar ao público familiar cunha divertida oferta contos de medo e de risa.