Salvaterra de Miño promove unhas xornadas de consumo de lácteos nos centros educativos para crear hábito entre os cativos
Máis de 1.100 nenos e nenas dos Colexios de Infantil e Primaria, do Centro Rural Agrupado e do Instituto serán os beneficiarios desta campaña de consumo de lácteos que organiza o Concello de Salvaterra.
Organismos Internacionais como a FAO e a UNESCO recomendan os lácteos como alimento indispensable para a nutrición humana, xa que son especialmente ricos en proteínas e calcio de fácil asimilación, nutrientes moi importantes nas etapas de crecemento e desenvolvemento, así como para o mantemento da masa ósea e muscular.
O seu consumo ten grandes beneficios xa que é un excelente aporte de proteínas, unha fonte natural de calcio, axudando a formar e manter ósos e dentes sans, conten fósforo, magnesio, potasio e vitamina A.
Un consumo diario ten uns grans beneficios, polo que con esta campaña preténdese promover e crear un hábito de consumo diario deste producto, a través do reparto de iogures líquidos, durante dúas semanas, que cada centro distribúe de acordo co seu programa de actividades











