Salvaterra de Miño inicia a campaña de Nadal de recollida de alimentos
O Concello promove a recollida de alimentos non perecedoiros e productos de limpeza e aseo, que irán destinados ás familias con necesidades económicas do municipio.
Esta campaña de recollida dirixirase por un lado aos centros educativos e por outro aos supermercados do municipio. Tamén se recollerá no propio Concello, no Departamento de Servicios Sociais, e a través de diferentes actividades que se realizarán no Nadal.
O ano pasado nesta campaña conseguiuse recadar mais de 2.000 kg, cifra que este ano pretendemos superar.
Dende o Concello de Salvaterra queremos dar de antemán as gracias a todos pola súa colaboración. Unha miguiña que en solitario ao mellor non se aprecia, en conxunto axuda a moitos.











