Ruta de sendeirismo aos “Petroglifos de Bouzabadín” en Dodro
O Concello de Dodro realizou a ruta de sendeirismo “Os Petroglifos de Bouzabadín” este sábado 16 de novembro. A ruta estaba encadrada dentro do programa Goza do Ulla e logo de ser aprazada o 19 de outubro en esta ocasión acompañou unha xornada soleada e apropiada para practicar o sendeirismo. Para recibir ós camiñantes e agradecer a súa participación estivo na Lavandeira o Concelleiro de Deportes, José Núñez. Un grupo de 20 persoas realizaron o percorrido de 8 quilómetros que saiu da Lavandeira, foi ó Pozo da Brañiña a pé do río Ulla para logo dirixirse á Eira das Cabanas, á Pedra que Abanea, ós Petroglifos de Bouzabadín e ó Peto das Ánimas da Cruz do Avelán. Dende ahí iniciouse o descenso dirección Castro donde se puido ver o pombal cadrado, o reloxo de sol, o hórreo cun arco e os restos de casas circulares que se conservan. Dende Castro o grupo retornou para Imo para ver o reloxo de sol e a finca de “Allaso” cos seus pombais e hórreos e tamén o Pozo do Souto e o muíño. O historiador de Bexo Pablo Rial acompañou o grupo na andaina para explicar e informar ós participantes de toda a historia do patrimonio que se puido ver ó longo da ruta