Rubén Artabe presenta na capela do Torrente Ballester o seu novo proxecto musical “Pura canción”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A programación de concertos do ciclo “As Noites en Capela” do mes de novembro, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol que dirixe Manuel Reyes García Hurtado, finaliza pasadomañá coa actuación do cantautor Rubén Artabe que presenta o seu novo proxecto musical “Pura canción”. O concerto dará comezo ás 21:00 horas na Capela do Torrente Ballester.

Pura canción é a expresión, a corazón aberto, dunha nova etapa vital e creativa para Rubén Artabe. “Busquei o espido na canción, o poder sonoro condensado nunha guitarra e a voz, a enerxía vital transmitida pola poesía cantada” explica. Unha mestura de folk, pop e rock e canción de autor. As entradas poden adquirirse de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web oficial do Concello: www.ferrol.es (apartado axenda cultural).

26 de novembro de 2013 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.