Román Raña e Tal Nitzán protagonizan a nova cita do ciclo Poetas Di(n)versos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que o próximo luns, 11 de novembro, o Centro Ágora acolle a segunda cita da quinta edición do ciclo Poetas Di(n)versos, que protagonizarán os creadores Román Raña e Tal Nitzán. O ciclo dará a benvida por primeira vez, á pooesía hebrea, nun acto que se celebrará ás 20:30 horas.

Englobado pola crítica na “Xeración dos 80”, Román Raña é un dos poetas máis premiados da literatura galega contemporánea; a razón de galardón por libro, é autor de oito poemarios que lle valeron os máis afamados premios da poesía galega: dende o Martín Códax ao Caixanova pasando polo Esquío ou o Miguel González Garcés. Pola súa banda, Tal Nitzán constitúe a principal tradutora do español ao hebreo, ademais de poeta e editora. Nitzán é, tamén unha comprometida e incansable activista pola paz e os dereitos humanos, que participou, en multitude de festivais literarios internacionais e os seus poemas traducíronse a máis de vinte e linguas. Ela lerá o luns 11 en hebreo, seguida das traduciones ao galego dos seus textos. Os dous poderán, ao final do acto, asinar os exemplares dos seus libros que se poñerán á venda.

9 de novembro de 2013 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.