Rodrigo Rodríguez e Omar Colmenares gañan a Copa de España de Augas Interiores da Clase 420

Rodrigo Rodríguez e Omar Colmenares
Un total de 35 embarcacións de distintos puntos da xeografía española déronse cita do 22 ao 24 de novembro no pantano de Gabriel e Galán (Cáceres) para disputar a Copa de España de Augas Interiores da Clase 420- I Trofeo Anel.
A Federación Galega de Vela desprazounos a tres tripulacións Náutico de Vigo á devandita cita, formados por Marcos Cordeiro e Simón Porzío, Rodrigo Rodríguez e Omar Colmenares, Carlota Hernández e Ana Carrasco, de categoría infantil (sub16).
Tras tres días de competición nos que só se puido navegar os dous primeiros, os vencedores do Trofeo eran os regatistas do Club Rodrigo Rodríguez e Omar Colmenares, sendo en categoría feminina as súas compañeiras de grímpola, Carlota Hernández e Ana Carrasco, os cales tamén conseguían o máis alto do podio. A outra tripulación do club aínda que tivo bos parciais (1º, 3º), arrastrou un retirado a consecuencia dunha envorcada que lle prexudicaron no resultado final.











