Roberto Alonso Trillo presenta o disco galego de violín contemporáneo “Solo”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

SOLO é o primeiro disco galego de violín contemporáneo, asinado polo vigués Roberto Alonso Trillo. Este álbum recolle parte da experiencia profesional do violinista durante os últimos anos, o traballo de compositores galegos novos (Fernando Buide, Eduardo Soutullo e Octavio Vázquez), españoles (Tomás Marco e David Gálvez) e latinoamericanos (Samuel Robles) que, coa súa importante proxección internacional, son a historia viva da música contemporánea.

A obra -editada co selo Ouvirmos- aparece no mercado cunha edición física limitada e en formato dixital. Xa á venda en iTunes e outras plataformas principais.

SOLO. Violín Contemporáneo presentarase publicamente en Vigo o próximo día 18 de decembro

6 de novembro de 2013 | 12:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.