Ribadumia organiza unha charla informativa sobre os tramitación agraria
O Concello de Ribadumia organiza unha charla informativa sobre a tódolos trámites precisos para a formación dunha empresa agraria.
A Cámara Agraria Comarcal de Ribadumia, Asesoría Rial & Hermo e o Técnico Municipal Carlos Urdampilleta serán os encargados de relatar cuestións como os trámites precisos para darse de alta na seguridade Social, na AEAT ou Axudas e Subvencións entre outros.
A charla terá lugar na Casa da Cultura de Ribadumia, de 10:30 a 12:30 e con ela tratarase de dar resposta as numerosas consultas que xurdiron neste eido por parte dos veciños, que cada vez mais procuran neste sector unha saída o desemprego.
O Concello de Ribadumia convida aos veciños de todas as parroquias a participar nesta sesión informativa, na que poderán facer as preguntas que desexen e informarse sobre calquera aspecto relacionado coa tramitación administrativa no sector agrario.
Desde o Concello de Ribadumia, a alcaldesa Salomé Peña destaca a importancia de contar nesta charla con técnicos especialistas para aclarar moitas das dúbidas que teñen moitos veciños do concello neste eido.











