Ribadumia acolle unha charla sobre o alzhéimer
O Concello de Ribadumia acolle a próxima semana , unha charla informativa sobre o alzhéimer organizada pola Deputación de Pontevedra e a Fundación Colegío Médico de Pontevedra. Desenvolverase o xoves 21 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Ribadumia, e as persoas que queiran asistir xa se poden anotar nas oficinas municipais.
A charla correrá a cargo do xefe de Neuroloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra, Manuel Seijo e a súa duración estimada será de unha hora.
Esta proposta pretende ofrecer información especializada sobre cuestións relacionadas con esta demencia, dada a importancia que ten o tratamento precoz para a evolución da enfermidade. O obxectivo é ofrecer información sobre os síntomas e sobre as dificultades ás que teñen que enfrontarse os familiares dos pacientes.Actualmente na provincia padecen este problema ao redor de 15.000 persoas e, cada ano, detéctanse entre 700 e 800 novos casos.
As inscricións poden facerse no Concello en horario de 8:00 a 15:00 ou na Concellería de Servizos Sociais no teléfono: 986 718 491











