Rey Varela visita a residencia universitaria para comprobar a calidade de vida estudiantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
O rexedor ferrolán na visita á residencia

O rexedor ferrolán na visita á residencia

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou esta mañá a residencia universitaria pública coa que conta a cidade naval gracias ao acordo asinado entre o Concello de Ferrol, a Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña. O primeiro edil desprazouse ao antigo centro social Soutomaior, onde está situado este aloxamento para universitarios, acompañado do reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto; da vicerreitora do Campus de Ferrol, Araceli Torres; e da concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez.

O rexedor municipal reiterou a colaboración institucional entre o Concello e a Universidade da Coruña. “Unha cooperación que están dando froitos en moitos ámbitos, e un deles é poder dispoñer en Ferrol dunha realidade que levaba anos esperándose, unha residencia pública”, dixo. Así mesmo, sinalou que esta infraestrutura “apuntala” os servizos da Universidade da Coruña na cidade naval e “fai posible que a xente poida estudar cunha maior calidade de vida”. Neste senso, Rey Varela destacou que esta residencia universitaria pública “fará posible que a xente que máis o necesita poida estudar, un dereito no que temos que contribuír todas as institucións”.

25 de novembro de 2013 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.