Rey Varela recibe ao embaixador da Federación de Rusia en España
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, recibirá mañá ao embaixador da Federación de Rusia en España, Yuri P. Korchagin. A visita institucional comezará ás 10:30 horas coa recepción do responsable da embaixada rusa por parte do rexedor ferrolán no Pazo Municipal.
Posteriormente, manterán unha breve reunión no despacho do primeiro edil da cidade para ás 10:42 dar comezo un acto institucional no Salón de Recepcións do Consistorial. En dita cerimonia, Yuri P.Korchagin asinará no Libro de Ouro de Ferrol e recibirá un agasallo institucional por parte de Jose Manuel Rey Varela.











