Rey Varela preside a toma de posesión do novo interventor xeral do Concello de Ferrol

Toma de posesión do novo Interventor do Concello de Ferrol
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu hoxe a toma de posesión do novo interventor municipal, Manuel Vázquez Fernández. Ao acto, que tivo lugar no Salón de Recepcións da Casa Consistorial, asistiron o concelleiro responsable da Área de Economía e de Recursos Humanos, Alejandro Langtry Cainzos; e a voceira do Goberno Municipal, Martina Aneiros Barros.
Manuel Vázquez Fernández procede do Concello de Arteixo e desempeñará as funcións de interventor xeral da Administración ferrolá en comisión de servizos por espazo inicial dun ano.











