Rey Varela destaca a importancia de achegar aos estudantes as novas tecnoloxías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, e a concelleira de Igualdade e Xuventude, Verónica Casal Míguez, entregaron hoxe a un total de 50 mozos e mozas da cidade as achegas municipais para a axuda da compra dun ordenador do anovador programa posto en marcha polo Goberno Municipal “Conecta Ferrol”. O acto tivo lugar no patio interior do Centro Cultural Torrente Ballester.

Rey Varela explicou que o obxectivo de “Conecta Ferrol” é facilitar aos estudantes da cidade a compra dun ordenador que lles permita mellorar a súa formación e lles permite adquirir novos coñecementos relacionados coas novas tecnoloxías e coa informática.

A xuventude que esta tarde recolleu os vales son os beneficiarios que cumpriron cos requisitos expostos nas bases de concesión das bolsas polas que se rexeu o “Conecta Ferrol”. Cómpre lembrar que a convocatoria recibiu un total de 77 solicitudes, das cales oito foron denegadas por superar os ingresos establecidos na convocatoria e unha por ser presentada fora do prazo fixado. Ademais, 18 solicitudes que cumprían coas bases atópanse en lista de espera por se renuncia algún dos estudantes beneficiarios ou a compra do ordenador se produce despois do prazo máximo fixado, que é o vindeiro 30 de novembro. A contía da axuda para a compra do ordenador ascende a 200 euros por mozo/a e este terá que comprarse nun comercio de Ferrol.

12 de novembro de 2013 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.