Reunión para a posta en marcha dun plan de xestión compartida de equipamentos públicos transfronteirizos
O pasado venres tivo lugar na Casa do Concello de Tui unha xuntanza das entidades promotoras do proxecto de redacción dun “Plan Director da rede de servizos e equipamentos públicos transfronteirizos” que promove a Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia e a Comisao de Coordenação e Desenvolvimento da Região Norte de Portugal. Esta programa está financiado polo Programa Operativo de Cooperación Territorial España – Portugal (Poctep).











