Resultados das categorías inferiores e próxima xornada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Azkar Lugo xuvenil segue sen fallar xornada tras xornada e continúa líder da liga nacional tras vencer o pasado fin de semana ao O Esteo (1-5). Aos lucenses custoulles abrir o marcador ante un rival que pechou as súas filas moi atrás, o cal deulle resultado na primeira parte. Aínda así o Azkar sería capaz de mandar 0-2 ao descanso e tralo paso por vestuarios e despois de que os ponteses reducisen ao 1-2, o Azkar Lugo xuvenil ampliaría ao 1-3 para maior tranquilidade, partido que sentenciaba superado o ecuador do segundo periodo co cuarto tanto.

Ficha técnica:
O Esteo 1:
Sergio, Pedro, Diego, Alejandro e Adrián, -cinco inicial-, Pablo, Daniel, Anxo e Daniel.
Azkar Lugo 5: Nacho, Costoya, Koke, Asier e Álvaro, -cinco inicial-, Álex, Brais, David, Marcio, Rubén, Chuki e Yago Balsa.
Árbitros: Amor Vizoso e Fernández Pita (Ferrol).
Incidencias: 7ª xornada da liga nacional xuvenil. Pabellón Municipal das Pontes.
Goles: 0-1 min. 8 Álvaro, 0-2 min. 20 Rubén, 1-2 min. 22 Daniel, 1-3 min. 23 Asier, 1-4 min. 32 Rubén e 1-5 min. 40 Costoya.

O xuvenil xogará este próximo domingo a partir das 11:00 horas no Pavillón Pablo Herbello ante o Bueu FS.

O cadete remonta ante o Cidade de Narón

O Azkar Lugo cadete continúa liderando a liga autonómica e faio tras remontar este pasado fin de semana ante o Cidade de Narón para acabar vencendo 8-5. Un inicio electrizante de partido puxo por diante aos naroneses, daquela o Azkar deulle a volta e de novo os coruñeses eran capaces de poñerse por diante con 2-3. Pero o Azkar sería capaz de remontar de novo antes do descanso e con autoridade, 6-3. No segundo periodo non deron opcións os lucenses que acabaron goleando.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 8: Carlos, David, Roi, Marcio e Adri, -cinco inicial-, Cley, Pablo, Marcos, Jesús, Pedro e Yago.
Cidade de Narón 3: David, Marcos, Borja, Álvaro e Daniel, -cinco inicial-, Rodrigo, Nahuel, Gerardo e Alejandro.
Árbitro: Bello Gómez (Lugo).
Incidencias: 7ª xornada da liga autonómica cadete. Centro Deportivo Terra.
Goles: 0-1 min. 3 Santiago, 1-1 min. 4 David, 2-1 min. 4 David, 2-2 min. 11 Óscar, 2-3 min. 13 Martín, 3-3 min. 16 Marcio, 4-3 min. 19 Marcio, 5-3 min. 23 Pablo, 6-3 min. 24 Pablo, 7-3 min. 41 Cley e 8-3 min. 45 Pablo.

O cadete xoga este sábado a partir das 17:00 horas no Pavillón Restollal ante o Santiago Futsal.

O infantil non deu opcións ao Narón

O Azkar Lugo infantil A de liga autonómica é terceiro e a dous puntos do líder. Os lucenses venceron este pasado sábado ao Cidade de Narón por 3 goles a 0 nun partido no que os azuis adiantáronse ao primeiro minuto e conseguiron a tranquilidade necesaria para levar o partido a donde querían. O 2-0 ao minuto 13 poñía terra polo medio e aínda que os naroneses comezaban a crear perigo a porta dos pronistas seguía a cero. O 3-0 a 12 minutos da conclusión sería a sentenza.

Ficha técnica:

Azkar Lugo 3: Vila, Pablo, Brais, Noel e Bruno, -cinco inicial-, Borja, David, Mera, Pumi, Óscar, Nacho e David.
Cidade de Narón 0: Marcos, Eric, Álvaro, Jesús e Álvaro, -cinco inicial-, Diego, Edgar, González, Iago e Adrián.
Árbitro: Vieito Regueira (Lugo).
Incidencias: 7ª xornada da liga autonómica infantil. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min. 1 Bruno, 2-0 min. 13 Pumi e 3-0 min. 38 Bruno.

O infantil xoga este sábado a partir das 18:30 horas no Pavillón Restollal ante o Santiago Futsal.

Resto de resultados
Rosalía 2006 3 – Azkar Prone prebenxamín 6
Salesianos 1 – Azkar Fundación prebenxamín 7
ANPA Colexio Milagrosa 5 – Azkar Prone benxamín 1
CP Casás B 1 – Azkar Fundación benxamín 4
Azkar Fundación alevín 3 – Lumieira Atlético 0
Azkar Prone alevín 15 – Cervantes Cidade de Lugo 0
Azkar Lugo infantil B 5 – Cidade de Lugo 1

Próxima xornada

Sábado 23/11:

Centro Deportivo Terra:
09:00 horas: Azkar Prone prebenxamín – Franciscanos 2006
13:10 horas: Azkar Fundación prebexamín – O Corgo

Polideportivo A Piringalla:
09:00 horas: Franciscanos – Azkar Prone alevín
10:40 horas: Azkar Fundación benxamín – Illa Verde
12:30 horas: Lumieira Deportivo – Azkar Lugo infantil B

Domingo 24/11:

Casa do Deporte:
16:00 horas: Luis Pimentel – Azkar Fundación alevín

20 de novembro de 2013 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.