Resultados das categorías inferiores e próxima xornada do Azkar Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Azkar Lugo cadete continúa como líder da liga autonómica e faio tras liquidar o seu compromiso do pasado fin de semana con contundencia (7-0). Os lucenses tiveron o control do partido en todo momento como xa reflectía o marcador co 3-0 ao descanso. No segundo período os azuis amostáronse moi serios e a pesar dalgún momento de desconcerto debido a que o partido se convertía nun correcalles, o resultado nunca correu perigo e de feito acabou cun Azkar mandando de novo ata o 7-0 final.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 7:
Esmorís, Cley, Marcio, Jesús e Pablo, -cinco inicial-, Yago, Adri, David, Marcos, pedro, Brais e Iago.
Leis Pontevedra 0: David, Marcos, Borja, Álvaro e Daniel, -cinco inicial-, Rodrigo, Nahuel, Gerardo e Alejandro.
Árbitro: González Boyero (Lugo).
 Incidencias: 5ª xornada da liga autonómica cadete. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min. 7 Adri, 2-0 min. 16 Cley, 3-0 min. 16 Pedro, 4-0 min. 38 Jesús, 5-0 min. 43 David, 6-0 min. 49 Cley e 7-0 min. 50 Adri.

O Azkar Lugo cadete xogará este sábado desde as 18.15 horas en Casa do Deporte ante o CP Casás.

Xuvenil e infantil

Tras unha semana e dúas de descanso, respectivamente, o Azkar Lugo xuvenil e o Azkar Lugo infantil regresan este fin de semana á competición. O xuvenil de liga nacional farao o domingo ás 12:00 horas ante o Vilalba FS no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo, mentres que o infantil autonómico tamén o domingo mídese ao Mare Nostrum a partir das 11:00 horas no Pavillón Municipal de Cambre.

6 de novembro de 2013 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.