Resultados das categorías inferiores e próxima xornada do Azkar Lugo
O Azkar Lugo xuvenil derrotou o pasado domingo ao Vilalba FS por 4 goles a 2, vitoria dos de Ángel Pérez que lles permite continuar liderando en solitario e cun partido menos a liga nacional. Ante os chairegos, o Azkar abriu brecha no marcador moi pronto o que xerou confianza aínda que as mellores e maiores ocasións dos azuis non se traduciron no marcador. Pese a iso ao descanso vitoria por tres goles nun primeiro periodo no que os vilalbeses amostráronse contemplativos durante boa parte dese tempo.
No segundo acto o 4-0 ao minuto do reinicio deixou moi de cara a vitoria para o Azkar, pese a que os visitantes anotarían dous tantos a continuación, e ata aos pronistas tocoulles defender unha inferioridade por expulsión de Porto que salvou á perfección a escadra azulona.
Ficha técnica:
Azkar Lugo 4: Alexandre, Koke, Porto, Costoya e Asier, -cinco inicial-, Álex, Losada, Brais e David.
Vilalba 2: Marcos, Felipe, Ángel, Manuel e Ismael, -cinco inicial-, Carlos, Iván, Álvaro, Pedro e Jose Manuel.
Árbitros: Villanueva Branco e Corral Martínez (Lugo).
Incidencias: 6ª xornada da liga nacional xuvenil. Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.
Goles: 1-0 min. 4 Costoya, 2-0 min. 13 Costoya, 3-0 min. 18 Felipe (propia porta), 4-0 min. 21 Asier, 4-1 min. 21 Manuel e 4-2 min. 25 Felipe.
O Azkar Lugo xuvenil xogará este domingo desde as 12:00 horas no Polideportivo Municipal de As Pontes ante o O Esteo.
O cadete levouse o derbi ante o Casás
O Azkar Lugo cadete continúa liderando a liga autonómica e faio tras derrotar no derbi ao Casás (0-4). No primeiro periodo os pronistas conseguiron facerse cunha maior posesión de balón e gozou das mellores ocasións o que lle levou a dominar con 0-2 ao intermedio. No segundo periodo o Casás pareceu ser mellor que a escuadra azul, pero o Azkar mataría o partido desde a estratexia con dous saques de corner, primeiro no minuto 39 e logo no 47, que establecían o definitivo 0-4.
Ficha técnica:
Casás 0: Pablo, Fran, Jose, Rául e Álvarez, -cinco inicial-, Varela, Adrián e Eric.
Azkar Lugo 4: Esmorís, Cley, Marcio, David e Adri, -cinco inicial-, Jesús, Pablo, Pedro e Roi.
Árbitro: González Araujo (Lugo).
Incidencias: 6ª xornada da liga autonómica cadete. Casa do Deporte.
Goles: 0-1 min. 6 Marcio, 0-2 min. 12 Cley, 0-3 min. 39 Adri e 0-4 min. 47 David.
O Azkar Lugo cadete xoga este sábado ás 17:30 horas no Centro Deportivo Terra ante o Cidade de Narón.
Ao infantil tocoulle remontar para vencer ao Mare Nostrum
Vitoria axustada a que sumou o pasado sábado o infantil autonómico (2-3) que lle permite seguir na loita polos primeiros postos pese a contar cun partido menos. Aos lucenses tocoulles remontar tras un bo inicio do seu rival que aos dez minutos gozaba de dous goles de vantaxe. Entón os de José González reaccionaron e tras un tempo morto chegaba o primeiro para os lucenses que vían como antes do descanso desde a estratexia dábanlle a volta ao marcador. No segundo periodo a contundencia e seriedade defensiva dos lucenses tivo o seu premio e non deixaron escapar esa remontada que conseguiran no primeiro acto.
Ficha técnica:
Mare Nostrum 2: Roberto, Christian, Rafael, Iván e Marcos, -cinco inicial-, Miguel, David e Yago.
Azkar Lugo 3: Vila, Brais, Jacobo, Borja e Bruno, -cinco inicial-, David, Luís, Pablo, Noel, Noé, Mera.
Árbitro: Modroño Liz (Santiago).
Incidencias: 6ª xornada da liga autonómica infantil. Pabellón Municipal de Cambre.
Goles: 1-0 min. 1 Iván, 2-0 min. 11 Iván, 2-1 min. 12 David, 2-2 min. 16 Bruno e 2-3 min. 20 Luís.
O Azkar Lugo infantil xoga este sábado ás 16:30 horas no Centro Deportivo Terra ante o Cidade de Narón.
Arrincan as ligas escolares
Este fin de semana iníciase o deporte en idade escolar así como as ligas provinciais, polo que os equipos prebenxamíns, benxamíns, alevíns e o infantil provincial inician as súas respectivas competicións.
Sábado 16:
Polideportivo A Piringalla:
09:50 horas: ANPA Colexio Milagrosa – Azkar Prone benxamín
12:30 horas: CP Casás B – Azkar Fundación benxamín
Palacio Municipal dos Deportes de Lugo:
10:40 horas: Azkar Fundación alevín – Lumieira Atlético
11:30 horas: Azkar Prone alevín – Cervantes Cidade de Lugo
Centro Deportivo Terra:
09:50 horas: Rosalía 2006 – Azkar Prone prebenxamín
13:10 horas: Salesianos – Azkar Fundación prebenxamín
Domingo 17:
Casa do Deporte:
09:00 horas: Azkar Lugo infantil B – Cidade de Lugo











