Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo
O Azkar Lugo xuvenil continúa líder da liga nacional e faio tras sumar unha nova vitoria, a conseguida este pasado domingo na cancha do Bueu (2-5). No primeiro periodo os lucenses abriron o marcador aos seis minutos, o cal deulles confianza, e ao descanso mandaban por dous goles tralo gran tanto de Porto a catro minutos do descanso, vantaxe que se mantivo pese aos locais gozar dun lanzamento de dobre penalti que Alexandre atallaba.
No segundo periodo comezou da mellor forma posible xa que Costoya ampliaba aos tres minutos o marcador ao 0-3 e encamiñaba a vitoria lucense. As numerosas faltas dos azuis ao longo do segundo periodo, como xa ocorrera no primeiro acto, condicionoulle en defensa, pero aínda así soubo xogar mellor as súas bazas e co 0-4 en superioridade por expulsión do porteiro local, chegaría o 0-4 e a sentenza. O Bueu intentouno con porteiro-xogador, pero o Azkar defendeu ben e aínda que encaixou un dobre penalti local, non daría lugar á sorpresa conseguindo o seu quinto tanto. Na recta final chegaría o segundo dos locais que significaba o 2-5 definitivo.
Ficha técnica:
Bueu 2: Aarón, Raúl, Abel, Sergio e Pablo, -cinco inicial-, Luís, Martín, Íñigo e Ángel.
Azkar Lugo 5: Alexandre, Costoya, Rubén, Porto e Álvaro, -cinco inicial-, Álex, Asier, Brais, Yago Balsa, Rubén, Pablo e Simao.
Árbitros: Vidal Araújo e Sierra Márquez (Pontevedra).
Incidencias: 8ª xornada da liga nacional xuvenil. Pavillón Municipal de Bueu.
Goles: 0-1 min. 6 Rubén, 0-2 min. 16 Porto, 0-3 min. 23 Costoya, 0-4 min. 29 Álex, 1-4 min. 31 Raúl (dobre penalti), 1-5 min. 35 Simao e 2-5 min. 36 Luís Pérez.
O Azkar Lugo xuvenil xoga este domingo a partir das 16:30 horas no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo ante o IES Coruxo FS.
O cadete rescatou un punto en Santiago no último minuto
A estratexia do porteiro-xogador permitiu ao Azkar Lugo sumar un punto na pista do Santiago Futsal (2-2). Tras unha primeira metade sen goles, pese ás ocasións duns e outros e cun ritmo de partido alto, o 0-0 lucía no marcador ao descanso. No segundo periodo o Azkar dominou máis, pero as súas ocasións non se atopaban co premio do gol, algo que si conseguiu o Santiago que a cinco minutos para o final colocábase cunha renda de dous goles. Entón os lucenses optaron por xogar con porteiro-xogador e o 5×4 deulle os seus froitos xa que os lucenses lograrían o 2-2 que finalmente ofrecía un reparto de puntos.
Ficha técnica:
Santiago Futsal 2: Rubén, Diego, Antón, Javier e Adrián, -cinco inicial-, Izan, Xabier, Manuel, Iago e Vieites.
Azkar Lugo 2: Esmorís, Yago, Marcio, David e Adri, -cinco inicial-, Jesús, Pablo, Roi, Pedro, Marcos, Cley e Carlos.
Árbitro: Rodríguez Rei (Santiago).
Incidencias: 8ª xornada da liga autonómica cadete. Pavillón Restollal.
Goles: 1-0 min. 40 Diego, 2-0 min. 46 Adrián, 2-1 min. 47 Pablo e 2-2 min. 50 Adri.
O Azkar Lugo cadete xogará este domingo a partir das 17:30 horas no Centro Deportivo Terra ante o Colegio Liceo.
O infantil goleou en Santiago
Tras un primeiro periodo sen goles, no que tanto Santiago Futsal como Azkar Lugo puideron inaugurar o marcador, o partido decidiuse nun segundo tempo no que os lucenses aumentaron a súa intensidade tralo paso por vestiarios. Así o 0-1 a 15 minutos para a conclusión para os azuis deu confianza aos lucenses, que decidirían con dous novos goles nun minuto, do 41 ao 42 (0-3). Co partido xa decidido e cun Santiago buscando reducir diferenzas, o Azkar certificaría aínda máis a súa vitoria nos últimos minutos ata finalizar co 0-5 a favor.
Ficha técnica:
Santiago Futsal 0: Alejandro, Ezra, Miguel, Alex e Alberto, -cinco inicial-, Aitor e Miras.
Azkar Lugo 5: Vila, Pablo, Jacobo, Luís e Bruno, -cinco inicial-, Noel, Nacho, Pumi, Mera, Noé, Óscar e Iago.
Árbitro: Rodríguez Rei (Santiago).
Incidencias: 8ª xornada da liga autonómica infantil. Pavillón Restollal.
Goles: 0-1 min. 36 Luís, 0-2 min. 41 Nacho, 0-3 min. 32 Nacho, 0-4 min. 46 Luís e 0-5 min. 47 Noel.
O Azkar Lugo infantil xogará este domingo a partir das 19:00 horas no Centro Deportivo Terra ante o Colegio Liceo.
Resto de resultados
Azkar Prone prebenxamín 2 – Franciscanos 2006 2
Azkar Fundación prebenamín 3 – O Corgo 0
Azkar Fundación benxamín 6 – Illa Verde 1
Franciscanos 2 – Azkar Prone alevín 5
Luís Pimentel 0 – Azkar Fundación alevín 3
Lumieira Deportivo 3 – Azkar Lugo infantil B 5
Próxima xornada
Sábado 30:
Centro Deportivo Terra:
09:00 horas: Azkar Prone prebenxamín – Residencia D
09:50 horas: Azkar Fundación prebenxamín – CP Casás
Palacio Municipal dos Deportes de Lugo:
10:40 horas: Azkar Prone alevín – C. Milagrosa
Polideportivo O Palomar:
10:40 horas: Azkar Fundación alevín – CP Casás A
11:30 horas: Azkar Fundación benxamín – A Ponte
Polideportivo A Piringalla:
12:30 horas: Azkar Prone benxamín – Gándaras
Domingo 1:
Centro Deportivo Terra:
10:00 horas: Azkar Lugo infantil B – Adarve











