Reordenación na circulación para mellora da seguridade vial
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de que mañá, mércores 13 de novembro, se iniciará a reordenación da circulación dentro dos cambios aprobados para o cruzamento da rúa Manuel Murguía con Paseo de Rolda, e mellorar así a fluidez e os niveis de seguridade vial. Con esta medida, o Concello atende unha solicitude dos veciños de Riazor, Mariñeiros e Labañou, cos cales se consensuaron as modificacións.
Ás 10.00 horas cambiarase o sentido de circulación na rúa Arcadio Vilela Gárate, de forma que os vehículos que circulan por Pepín Rivero poidan incorporarse a esta vía en dirección á rúa Colombia. A partir das 12.00 horas procederase ao cambio de sentido nas rúas do ámbito de Arquitecto Rei Pedreira con Peruleiro, modificando o sentido das seguintes rúas:
-Cronista Constantino Armesto, quedando cara a Peruleiro.
-Juan González Rodríguez, quedando cara a Manuel Murguía.
-José Careaga, quedando cara a Peruleiro.
-Presidente Salvador Allende, quedando cara a Arquitecto Rei Pedreira.
A rúa Arquitecto Rey Pedreira quedará como está actualmente. Todas estas modificacións son melloras para a implantación da supresión de xiros á esquerda no cruzamento de Manuel Murguía con Paseo de Rolda, que se realizará nunha segunda fase, unha vez conclúan os traballos de fresado e asfaltado deste cruzamento.











