Renóvase a rede de saneamento, abastecemento e pavimentación da rúa Canella Cega de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O Concello de Verín, da man da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, xa finalizou as actucións na rede de saneamento para o control das redes de saneamento mixtas e alivios na rede de pluviais, termiación da rede de abastecemento, realización de beirarrúas e pavimentación do viario na rúa Canella Cega.

Ata este momento, a rede de saneamento discorría polo medio da rúa e vertíanse a ela as augas pluviais, posto que non existía unha rede específica para estas. Isto provocaba que, en época de chuvias, tiveran lugar inundacións como consecuencia de que a rede entraba en carga e se desbordaba.

Co obxecto de solventar este problema de inundacións, instalouse un colector de pluviais de diámetro 400 mm que recolle as verteduras que se producen na cabeceira da propia rúa na gabia existente, e ademais, na cabeceira da rúa Espido proxectouse un pequeno colector de pluviais procedente da zona de Fontenova. O proxecto de mellora, cuxo orzamento foi de 341.352,48 euros, tamén implicou a modificación do trazado do colector procedente do barrio de San Roque, converténdoo no colector xeral ata o seu entroncamento coa rede existente. Por outra parte, na zona alta da Rúa Canella Cega fíxose a separación das augas, cunha rede para pluviais e ademais, completouse a rede de abastecemento por ambas as marxes da rúa, realizáronse beirarrúas nas zonas que non existían, pavimentouse o viario e colocouse un paso de peóns elevado co obxecto de reducir a velocidade de circulación dos vehículos nesta rúa e así evitar posibles accidentes de tráfico.

27 de novembro de 2013 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.