Reanúdase a XV Regata de Nadal Trofeo Comodoro Manuel Nores de cruceiros en Aguete

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarín
A-
A+

Este sábado a partir das 13.30 continuarase a XV REGATA DE NADAL – TROFEO COMODORO MANUEL NORES que está a organizar o Real Club de Mar de Aguete para as Clases de Cruceiro ORC, Menores de 23 piés e Clásicos/Epoca coa celebración da 2ª proba.

E segundo os partes meteorolóxicos parece que efectivamente vai poder ser así con ventos frescos do nordés cuns 12 nós de intensidade, polo que moi probablemente o Comité de regata formulará un percorrido similar ao da primeira xornada de 12/14 millas para os Cruceiros ORC e 7/8 millas para os menores de 23 pés. Ademais, para esta segunda proba incrementaranse varias unidades co cal se verá novamente unha saída espectacular fronte ao club de Aguete como hai dúas semanas.

Recordar que na primeira xornada en ORC Regata gañou o OZOAQUA (IMX 38 – Juan Pérez Olmedo – CN Combarro), seguido do AGUIEIRA (Sun Oddisey 40 – Celestino Campelo -RCM Aguete) e YOUKOUNKOUN (Jod 35 – José Segade – CN Portonovo), mentres que en ORC Cruceiro/Regata se impoñía moi claramente o ENXUTO (First 310 – Pablo Conde – CN Combarro), seguido do MAR DE FRADES (First 31.7-Joaquín Carneiro-Ro Yatch Combarro) e o FAÍSCA NEJRA (RO 300 – José Rey – CN Beluso). En ORC Cruceiro, gañaba o SQUID (First 235 – Francisco Lusquiños – CN Portonovo) seguido do AQUARI (Oceanis 351 – Luis Malvar – CN Beluso) e o SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS (Yatlant 24 – Iñaki Carbajo-CN Beluso), e na de menores de 23 piés A PEREGRINA (Puma 23-Carlos Núñez) gañaba sen oposición.

29 de novembro de 2013 | 10:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.