Publicado o número 2 da revista cultural editada pola asociación MPK
Editada pola asociación cultural MPK e de tirada estacional, distribúese a través dos seus “Puntos de Lectura” que se poden consultar na súa pagina web: www.mpkmagazine.com, onde figuran locais tan emblemáticos do casco vello vigués como A Pedra, A Lareira, Pintxoteca, A Aguia, Lobo do Mar… así como centros cívicos da cidade de Vigo e espazos culturais de Redondela.
Aínda que a revista impresa é unicamente distribuída en galego, a páxina web da asociación ofrece a posibilidade de lectura e descarga en castelán. MPK nace segundo os seus creadores, da necesidade editar e potenciar unha revista cultural en galego que sexa entretida e amena. A súa finalidade non é outra que a achegar ao lector as tendencias culturais do momento en diversas disciplinas como poden ser a fotografía, o cine, a cociña e o deseño entre outras, tanto de dentro, como de fóra de Galicia .











