publicidade hoxe

Propostas lúdicas do departamento cultural de Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

PABLÍSIMO NA BIBLIOTECA CON CONTOS BATRACIOS

O venres 22 de novembro ás 18:00 h, na biblioteca pública municipal,  o contacontos Pablísimo  presentaranos : ¡RÁS! CONTOS BATRACIOS, contos dedicados a sapos e rás, figuras omnipresentes da literatura infantil e xuvenil.

Lembramos que a biblioteca infantil, non abrirá ese venres.

VOLVE O CINE Á CASA DA CULTURA

Co inicio da Mostra Amal de cine árabe en Carral, proxectarase na Casa da Cultura o film LE THÉ OU L’ELECTRICITÉ. Será mañá venres, ás 20:30 h, con entrada libre ata completar o aforo.

Esta longametraxe conta a historia da modernización dunha pequena vila illada do Alto Atlas marroquí, no que se enfrontan os partidarios de que o progreso traia a construción dunha estrada e os que apostan pola chegada da electricidade.

Esta mostra de cine realízase coa colaboración da Fundación Araguaney e pretende achegar ao público un tipo de películas que non ten cabida nas salas comerciais. O ciclo continuará durante os días 29 de novembro e o 5 de decembro coa proxección doutras catro películas.

MANICÓMICOS PRESENTA EN TABEAIO A SÚA OBRA TEATRAL “APARENTEMENTE”

Dentro do ciclo de teatro que está desenvolvendo a Concellería de Cultura, o vindeiro sábado, ás 20:30 h no local Xente Nova de Tabeaio, a compañía Manicómicos representará “Apartente-mente”, unha obra dirixida por Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro na que se aborda o tema  das apariencias que adoitamos na sociedade moderna.

A entrada é de balde ata completar aforo, e está recomendada para maiores de 12 anos de idade

21 de novembro de 2013 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.