Propostas culturais para o fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRianxo
A-
A+

Propostas da Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo dentro da programación do Outono Cultural 2013.

Venres 8 de novembro

21.00 h – Auditorio de Rianxo
TEATRO: O cabaré dos 80 … anos de Airiños

O Cadro Artístico Airiños do Centro Cultural Simón Varela de Asados interpreta a obra dirixida por Esther F. Carrodeguas. As entradas (máximo 2 por persoa) poden recollerse unha hora antes do comezo da representación.

Sábado 9 de novembro

12.30 – Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA RUANDO RIANXO

Óscar Reboiras Loureiro e Xoán Antón Castro Barreiro plasman a Historia Viva de Rianxo en fotos. A exposición poderase visitar ata o 6 de decembro.

21.00 h – Auditorio de Rianxo
TEATRO: O cabaré dos 80 … anos de Airiños

O Cadro Artístico Airiños do Centro Cultural Simón Varela de Asados interpreta a obra dirixida por Esther F. Carrodeguas. As entradas (máximo 2 por persoa) poden recollerse unha hora antes do comezo da representación.

7 de novembro de 2013 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.