Promoción Económica organiza varias xornadas formativas sobre mercadotecnia dixital para comerciantes e empresarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O departamento de Promoción Económica organiza unha serie de xornadas formativas sobre comercio on line dirixidas a empresarios e comerciantes de Cambre. Segundo a concelleira de Promoción Económica, Marta Vázquez Golpe, trátase de introducir os profesionais de calquera ámbito da empresa ou negocio nas principais ferramentas de comunicación comercial que nos brinda Internet. Estas xornadas están deseñadas para os empresarios e comerciantes de Cambre e os interesados pódense dirixir dende mañá á Axencia de Desenvolmemento Local ADL ou chamando o tf 981 61 31 96.

O obxectivo non é outro que ensinarlles estas ferramentas para que poidan desenvolver o seu traballo cunha visión máis ampla e un maior coñecemento deste me de comunicación e venda. “Cada vez observamos un mercado máis global e competitivo dominado polas redes e a comunicación dixital e faise imprescindible para calquera negocio grande ou pequeno emprender accións de mercadotecnia dixital, posicionamento web, ou mesmo poñer a disposición dos seus clientes a oportunidade de comprar os produtos mediante o comercio electrónico”, apuntou a edil popular.

Para iso, o departamento que dirixe Vázquez puxo en marcha unhas xornadas formativas que comezarán o próximo xoves día 14 de novembro (15.00 a 16.30horas) no Centro Sociocultural do Graxal. Así, a primeira das accións formativas titúlase “Introdución á Mercadotecnia Dixital para Negocios Parte I” e será impartida por Irene Novo Rey, Consultora e Proyect Manager, que seguirá coa segunda parte deste relatorio o seguinte xoves día 21 á mesma hora e lugar. Así mesmo, o domingo 17 de 11.00 a 12.00 horas terá lugar a xornada “Claves para deseñar un plan de mercadotecnia dixital” no C. Sociocultural do Graxal. Promoción Económica recorda que as datas e horarios das seguintes xornadas, que levan por título “Do Comercio tradicional ao e-commerce ” e “Mercadotecnia de buscadores”, aínda non están fixados, aínda que é seguro que se levarán a cabo a finais deste mes e a principios de decembro.

5 de novembro de 2013 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.