Programa Entretempo de Outono en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVedra
A-
A+

O Concello de Vedra desenvolve novas actividades dentro do Programa Entretempo de Outono.

Martes 5 de novembro:

OBRADOIRO DE COCIÑA NO RESTAURANTE ROBERTO

Quedan 3 prazas dispoñibles

Venres 8  de novembro:

PEQUE – ROTEIRO NA LUDOTECA MUNICIPAL

Sábado 9 de novembro:

 – SAÍDA MICOLÓXICA ás 10:00 no contorno do Pavillón Municipal de Vedra. Ruta guiada á procura de cogomelos.  Nesta ocasión enfocarase como unha xornada monográfica sobre o “BOLETUS” e as súas variedades. Para esta saída contaremos coa colaboración de Fernando González, experto na materia e veciño de Vedra.

– CONCURSO – DEGUSTACIÓN DE DOCES CASEIROS. O outono volve a traernos o noso concurso de doces non profesional. Anímate a participar cun doce de tempada. Todas a persoas participantes recibirán un agasallo. Ao rematar o concurso degustaranse entre todos os presentes os doces presentados a concurso. No Centro Social de Vedra. (Presentación dos traballos entre as 19 e as 19.30 h)

– MAGOSTO. Degustación das castañas e gran festa do outono. Haberá musica tradicional e baile! No Centro Social de Vedra.

Para inscribirte en calquera das actividades chamar ao 981 814 691 ou escribindo a cultura@concellodevedra.com

4 de novembro de 2013 | 11:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.