Programa de envellecemento activo en Fene
O concello de Fene dende a Área de Servizos sociais, igualdade e educación, leva a cabo o programa de envellecemento activo no que se enmarca Tardes Activas, subvencionado pola Deputación da Coruña
Dende esta perspectiva enténdese que o envellecemento é un proceso para o cal debemos ir preparándonos ao longo das diferentes etapas da vida. Un dos aspectos máis importantes para isto é manterse activo/a buscando o mantemento e desenvolvemento das nosas capacidades físicas, emocionais, mentais, educativas e sociais.
Con este proxecto preténdese promover esta perspectiva ofertando actividades e experiencias para as persoas que se atopan na madurez co fin de que podan gozar dun tempo de lecer activo e satisfactorio contribuindo a mellorar a imaxe social das persoas maiores e proporcione ás persoas adultas claves e oportunidades para acadar un envellecemento activo e satisfactorio.
TARDES ACTIVAS
TARDES ACTIVAS nesta oferta de atividades se conxuga o desenvolvemento da creatividade; o traballo do plano emocional e social; o reforzo das capacidades intelectuais, o compartir vivencias así como retardar o inicio ou avance de patoloxías de deterioro cognitivo.
(alzeheimer, demência..)
ACTIVIDADES NAS ENTIDADES:
Obradoiros de ACTIVACIÓN DA MEMORIA desenvolveranse de novembro a abril durante seis sesións de 1 hora e media de duración. Na CPS San Valentín.( Avda do Mar 31-33 B – 15500 Fene), na AAVV San Xurxo de Magalofe, na S.C.R. Liga de Amigos na parroquia de Barallobre (Rúa Santiago, 42-44). Na A.C.R.D.O POTE na parroquia de Maniños ( R/ Pombal nº 15),na S.C.R. Agarimo de Sillobre (r/ Mestre Lois Rdguez nº 1-3 Sillobre), no C..C.R.D. de Perlio ( R/ San Salvador nº 12 -14, Perlio), Na AAVV Sta Olalla de Limodre, ( Camiño Grande s/n – Limodre).
Obradoiro de EDUCACIÓN PARA A SAÚDE no mês de abril ate xuñode 17.30 a 19.00 no CMI Unidade de Fene. Porto do Río nº 21 – San Paio – Fene.
ACTIVIDADES NO CENTRO MUNICIPAL D ESERVIZOS SOCIAIS:
Obradoiro “Recuperación memoria”
(Específico pérdidas de memoria + grupo de apoio familias)
Este obradoiro está pensado para acatar o inicio de patoloxías, diminuíndo ou retrasando a incidencia de demencia e deterioro cognitivo. As persoas participantes pasaran unha proba previa para valorar o estado no que se atopan.
O grupo de apoio para famílias de persoas dependentes é un espazo no que se comparten experencias, sentimentos e dúbidas. Trataranse temas de coidado e autocoidado.
O tempo de duración: de 14 de xaneiro a 10 de xuño.
Duración das sesións: 1 hora
Lugar: Centro Municipal de Servizos Sociais
Horario: martes de 17.00 A a 18.00h.
“CONSTRUÍNDO PONTES”
Conversas de Recuperación da História de Fene.
Trátase de sesións grupais nas que, a través dunha metodoloxía activa, traballaranse aspectos relacionados coa história de Fene así como xogos ou cantigas de antes, tradicións,……
Os contidos do proxecto concretaranse coas persoas participantes do taller, podendo escoller o tipo de documento a realizar entre diferentes formatos como exposición de fotos, radio, boletín… para compartir e visibilizar
Desenvolveranse as sesións apartir do 20 de xaneiro de 2014 ate o 19 de maio de 2014.
Día: luns
Horario: de 17:00 a 18:30 h.
Estás actividades están abertas a poboación en idade madura, cun límite de 20 prazas que se cubriran por riguroso orden de inscrición. A actividade ten carácter gratuito.
Todas aquelas persoas interesadas en participar presentaran a folla de inscrición cuberta no centro municipal de servizos sociais ou nas . entidades colaboradoras.











