Primeira saída das II Xornadas do Patrimonio Funerario polo camposanto de San Amaro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Patrimonio Histórico e Cultural organiza mañá a primeira saída das II Xornadas de Patrimonio Funerario que teñen por obxectivo divulgar a riqueza dos cemiterios modernos e dos enterramentos do neolítico.

Esta primeira saída será ao cemiterio de San Amaro en dúas sesións. Unha ás 11.00 horas (o punto de encontro é a entrada do camposanto) e outra nocturna, ás 20.00 horas (levar lanterna). Nas visitas darase un plano guía cos elementos históricos e artísticos máis destacados do cemiterio.

A segunda saída será o día 16 aos cemiterios de Mourente e Bora, e a terceira, o día 23 de novembro será un percorrido polos enterramentos do neolítico no Chan de Castiñeiras, Chan da Armada e Chan de Arquiña.

8 de novembro de 2013 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.