Preto de 200 estudantes pontevedreses participan en obradoiros para acceder ao portugués a través do galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

Os obradoiros, que comezan mañá xoves no IES Torrente Ballester, enmárcanse dentro do programa que a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra desenvolve para dinamizar o uso do galego entre a mocidade A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra ofrece aos centros educativos a posibilidade de realizar os obradoiros OPS! O galego a nosa vantaxe.

Os obxectivos fundamentais desta actividade son poñer en valor a lingua galega, facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos que a infravaloran, e mostrar a vantaxe de falar galego para poder comunicarse co mundo da lusofonía: de Portugal ao Brasil. Preto de 200 estudantes de terceiro ciclo de primaria, ESO e bacharelato participarán nestes obradoiros; aprenderán, ao longo de dúas horas lectivas, que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao portugués e que, polo tanto, sabendo falar galego teñen unha clara vantaxe competitiva.

Os obradoiros realizaranse nos seguintes centros de ensino:

⁃ Xoves 21 de novembro
⁃ IES Torrente Ballester, de 8.30 h a 15 horas
⁃ Martes 26 de novembro
⁃ CEIP Lérez, de 10.10 a 11.50 h
⁃ CEIP San Martiño, de 12.30 a 14.10 h

20 de novembro de 2013 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.