Preséntase en Ourense a exposición do Outono Fotográfico “Take my picture”, de Xulio Correa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Dentro do festival Outono Fotográfico quedou inaugurada esta mañá unha nova exposición denominada Take my picture. As obras, do artista Xulio Correa estarán na Sala II do Museo Municipal ata o vindeiro 15 de decembro.

Este proxecto artístico está composto por un total de 19 obras, divididas en 8 de gran formato, que respostan a unha impresión fotográfica sobre lenzo, e 11 fotografías con cristal distribuidas en dous grupos de 5 e 6, coa temática de fusión manual de múltiples formas documentais. A maiores tamén hai 2 traballos de vídeo creación con conexión a internet, ofrecendo no espazo expositivo do Museo imaxes en ciudades de todo o Mundo en tempo real.

Xulio Correa é un artista da Coruña e o seu traballo encóntrase integrado en varias coleccións públicas e privadas e documentado en diversas publicacións, tendo traballado como artista en borrar as fronteiras entre as distintas formas de expresión artística e en ampliar os límites do fotográfico. Para máis información www.xuliocorrea.com.

21 de novembro de 2013 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.