Presentación do xurado profesional e dos 12 establecementos finalistas do Concurso de Pinchos Sabores de Outono en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, a concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, o presidente da Unión de Hosteleiros Ourensana, Javier Outumuro, e a delegada en Ourense da Asociación Galega de Celíacos, Gloria Bernárdez, presentaron esta mañá no Salón de Plenos a listaxe de establecementos finalistas para participar ante o Gran Xurado Profesional o próximo xoves 14 de novembro no Hotel Carrís. Os finalistas presentarán os seus platos ante os membros do xurado, que tamén foi presentado esta mañá.

Así, os establecementos finalistas son os seguintes:

1 La Estación de Loman

2 Acio

3 Tapa Negra

4 Rest Monterrey

5 Hotel Carrís

6 La Gula

7 O comellón

8 Atarazana

9 Bar Fuentefria

10 Carballo

11 Tapería Monterrey

12 O Moucho

O Xurado estará presidido polo alcalde, Agustín Fernández, e formado polos seguintes membros:

– O cociñeiro Kike Piñeiro, chef gallego gañador do Premio Nacional de Gastronomía Salvador Gallego, 2011 – 2012 e promotor do libro Sabor a Vida, unha iniciativa persoal e solidaria coa que recaudar fondos para a Asociación Española contra o cancro.

Xosé Manuel García que conduce e dirixe o programa “Come e Fala” que se emite todos os domingos na Radio Galega, de 13:00 a 14:00. O programa Come e Fala, Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2010, trata de achegarnos un pouco máis a gastronomía, a enoloxía, aos produtos e produtores, cociñeiros e cociñeiras da nosa terra Galega.

Paula Díaz Barja: representou a Galicia no I Premio Promesas da Alta Cociña que convocou a prestixiosa escola de hostelería Le Cordon Bleu Madrid. Ten 22 anos, é de Ourense e xa participou no xurado previo dos finalistas.

Francisco Becerro Torres, editor dun dos mellores blogs adicado a gastronomía coma é Directo al Paladar.

– Jorge Gutiérrez, Profesor de Fotografía gastronómica e experto no Xornalismo Gastronómico e Nutricional pola Universidade Complutense de Madrid. Ademais foi editor, productor e redactor en Gastro Radio, e tamén destaca polas súas actividades como bloguero con Oídoenlacocina.com.

12 de novembro de 2013 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.