Presentación de “Los demonios de un ángel” na Biblioteca de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Biblioteca de Verín acollerá o xoves 21 de novembro, a partir das 19.30 horas, a presentación do libro “Los demonios de un ángel”, del verinense Domingo Herbella Rivero.

Nesta obra, o autor implícase no relato que escribe. O protagonista do mesmo vese obrigado a desaparecer dunha sociedade que o afoga e despreza por ser diferente. É unha especie de narración surrealista na que pouco a pouco vaise sumerxendo o lector, ata chegar o punto de ter unha grande afinidade co que lle acontece ao protagonista de  “Los demonios de un ángel”. O relato está escrito en primeira persoa, pois é parte e pertence un pouco a todo aquel que se atreve asomarse ás súas frases; a composición do sentido en cada capítulo cambia sempre en función de quen a le e como a perciba. Pero o que máis fai que este relato sexa unha mutación, é que o lector capaz de finalizalo demostra que é unha persoa con ganas de espertar o seu ser interior que por fin aceptou ese sentimento que hai xa moito tempo pedía ser escoitado. O autor  busca relatar aquilo que porta noso interior, e que non obstante esquecemos polo desgusto dunha vida social, que nos escraviza coa doce envoltura do consumo.

13 de novembro de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.