publicidade hoxe

“Por unha violencia 0, sen xénero nin número“ é o tweet gañador da campaña de Culleredo contra a violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal Portada
A-
A+

O Concello de Culleredo conmemorou hoxe o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cun acto no IES Eduardo Blanco Amor, onde se deu a coñecer o resultado dos concursos de ‘tweets’ e de cuñas de raio, formas elixidas pola Concellaría de Muller para levar a cabo este ano a sensibilización.

A resposta foi masiva entre os alumnos de 4º de ESO do IES Eduardo Blanco Amor, aos que ía dirixida a iniciativa. O Concello recibiu un total de 91 ‘tweets’ e 41 cuñas. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, acompañado pola concelleira de Muller, Penélope López, e pola de Educación, Carmen Varela, foi o encargado, xunto coa dirección e profesores do centro, de entregar un recoñecemento aos premiados. O resultado foi o seguinte:

CONCURSO DE TWEETS

Gañadora:

GEMMA CASTELO MARTELO:
Por unha violencia 0, sen xénero nin número. #culleredopolobotrato

Finalistas:

JAVIER ALDAO RIVEIRO:
A educación é a vacina contra a violencia #culleredopolobotrato

PABLO BARREIRO IGLESIAS:
Se sofres violencia, denuncia. Denunciar hoxe, pode significar vivivr mañán #culleredopolobotrato

CARLOS GONZÁLEZ RIVAS:
La fuerza no es la forma de entrar en tu corazón, si no un aviso de que no debes confiar en él #culleredopolobotrato

AIDA LÓPEZ BARBOSA:
Esixe feitos. Non te deixes enganar nin por perdóns, nin por agasallos #culleredopolobotrato

A cuña de radio gañadora foi a elaborada por Vanessa García e Clara Alvariño.

Os ‘tweets’ difundiranse mediante a conta de twitter do Concello (@ConcCulleredo) e as cuñas serán gravadas polos propios escolares para ser emitidas por Radio Culleredo, ademais de ser colgadas na web municipal. Sacristán felicitou os escolares polas súas creacións e a súa participación para contribuír a erradicar a eiva da violencia de xénero. “Espero ter que volver o ano que vén a este instituto cunha perspectiva aínda mellor”, afirmou.

A concelleira de Mujer móstrase moi contenta coa elevada participación lograda entre os mozos do municipio mediante esta nova iniciativa. A edila apunta que os alumnos demostraron “unha grande implicación” para converterse nos creadores de mensaxes sensibilizadores contra esta eiva”. E é que López está convencida que as mensaxes concienciadores gañan forza ao ser creados polos escolares. “Agora buscamos un impacto moito maior ao distribuílos por medios que chegan a miles de persoas”, afirma.

O Concello de Culleredo, ademais desta campaña, desenvolve en relación coa sensibilización sobre a violencia de xénero, talleres de prevención durante todo o curso para alumnos de 2º e 3º de ESO do IES.

25 de novembro de 2013 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.