Pontevedra fai unha achega extraordinaria de 3.000 euros ao Fondo Galego para Filipinas
O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Benestar Social Municipal, fará unha achega extraordinaria de 3.000 euros á conta que o Fondo Galego de Cooperación vén de abrir para colaborar co pobo filipino, que está a sufrir as consecuencias do empobrecemento polo reparto inxusto da riqueza e a expoliación de recursos propios, e ao que se suma un fenómeno meteorolóxico extremo potenciado e aumentado polo cambio climático.
Cabe lembrar que o Concello de Pontevedra mantén o compromiso co Fondo Galego de Cooperación cunha aportaión anual de 15.000 euros para colaborar na posta en marcha de varios proxectos no exterior no eido da cooperación.
O Fondo Galego é un gran exemplo da eficacia da colaboración entre os municipios e contribúe a imaxe exterior de Galiza como pobo solidario e comprometido con outros territorios. O Fondo Galego de Cooperación está constituído por 90 concellos e as Deputacións da Coruña, Lugo e Ourense.











