Ponte Caldelas segue a evolución do rio Verdugo ante as intensas choivas
O Concello de Ponte Caldelas mantense alerta ante as intensas chuvias caídas ao longo de toda a xornada do día de hoxe que fixo que o caudal do río Verdugo crecese de xeito exponencial ata alcanzar o límite do desbordamento.
Como medida de precaución, o Concello de Ponte Caldelas procedeu a cortar ao tráfico o paseo da Calzada e mantén en alerta permanente a brigada de servizos por se se producise algunha inundación e fose precisa a súa intervención.
Operarios municipais procederon a mediados do mes pasado a realizar labores de limpeza e rescate de árbores caídas sobre o leito do río Verdugo co fin de facilitar a evacuación das súas augas en caso de intensas precipitacións metereológicas como as que están a caer na xornada de hoxe sobre o municipio.
As brigadas municipais non só retiraron árbores, senón madeiros e demais elementos arrastrados por anteriores episodios de enchente experimentados polo río Verdugo co fin de evitar desbordamentos.
Aínda así, a intensidade das chuvias recollidas nestes días (o observatorio do veciño municipio de Fornelos de Montes rexistraba durante a Ponte de Todos los Santos, uns 71 litros por metro cadrado) fai que se manteña alerta o dispositivo composto por operarios das brigadas municipais de servizos e mantemento.











