Ponte Caldelas pon en marcha talleres de prevención e tratamento integral da violencia de xénero
O Concello de Ponte Caldelas puxo en marcha esta mañá unha serie de talleres destinados á prevención e tratamento integral da violencia de xénero que terá como destinatarios aos alumnos de segundo e terceiro da ESO e PCPI do Instituto.
Esta actividade, coordinada polo Centro de Información á Muller (CIM) e que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade, da Xunta de Galicia, e a comunidade educativa do Instituto de Ponte Caldelas, se desenvolverá en catro sesións cos diferentes grupos compostos por alumnos do centro educativo.
Tamén, a partir do día 21 de outubro poñerase en marcha outro taller sobre a transición de roles e estereotipos por medio da publicidade: a construción de identidades de xénero e que estará especialmente dirixido a alumnos de cuarto da ESO no salón de actos do Instituto de Ponte Caldelas.
Este outro taller desenvolverase en dúas sesións nas que participarán alumnos das tres aulas de cuarto existentes no instituo Pontecaldelano.
Con esta iniciativa coordinada polo Centro de Información á Muller del Concello de Ponte Caldelas preténdese levar a cabo un labor preventivo sobre procesos de violencia de xénero e de estereotipaje identitaria a través dos roles transmitidos pola publicidade e que teñen unha especial incidencia nos mozos destas idades.
Dun xeito lúdica e entretida, os alumnos recibirán consellos e ensinanzas relacionadas coa tolerancia, o diálogo, a igualdade entre sexos e a necesidade de eliminar todo tipo de prexuízos sociais acerca dos roles de xénero.
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, valora moi positivamente estes talleres, que levan realizándose con éxito dende hai varios anos no municipio, “posto que van dirixidos a mozos de ambos os dous sexos e se imparten no ámbito escolar co que se reforza o labor preventivo e educativo nestas idades onde comeza a ser necesario incentivar pautas de comportamento que favorezan a igualdade, a tolerancia e a convivencia”, asegurou o rexedor municipal.
Perfecto Rodríguez considera ademais que “precisamente mediante a educación e a modificación de roles sexistas é como as novas xeracións poden construír unha sociedade máis responsable onde a igualdade entre sexos non sexa un obxectivo senón unha realidade a compartir”.











