Ponte Caldelas aproba unha declaración contra a violencia de xénero
O Concello de Ponte Caldelas continúa este luns cunha serie de talleres destinados a fomentar a igualdade entre nenos e nenas e que teñen como destinatarios aos alumnos de cuarto curso de Primaria do Colexio Cordo Boullosa. Esta oferta lúdico-formativa comezou o pasado día 18 con alumnos de 4º de Primaria e ampliarase o 2 de decembro os escolares de 6º.
Precisamente, o recente Pleno Municipal do Concello de Ponte Caldelas aprobou por unanimidade dos grupos políticos presentes na Corporación (PPdeG, PSdeG-PSOE e BNG) a declaración institucional do 25 de novembro, Día Internacional para Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a través da cal se insta o equipo de Goberno a seguir impulsando actuacións que favorezan a prevención e protexan os fillos de mulleres maltratadas, como afectados directos do problema, así como a desenvolver políticas de igualdade que axuden a educar ás novas xeracións na equidade entre sexos e a eliminación de roles e comportamentos sexistas.
Así, esta actividade, titulada “Primaria adrede pola igualdade” e coordinada polo Centro de Información á Muller (CIM) e que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade, da Xunta de Galicia, e a comunidade educativa do CEIP Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, ten entre os seus obxectivos fomentar valores e actitudes que favorezan a igualdade de xénero nos centros de ensino non universitario.
Segundo os responsables do proxecto a igualdade, a coeducación e a corresponsabilidade son os tres piares máis importantes da intervención social no ámbito do traballo de xénero nos centros educativos e é polo que, dende a creacion do CIM de Ponte Caldelas, este colectivo centrou aí gran parte das actividades e campañas de sensibilización.
ACTIVIDADES PREVENTIVAS E DIVULGATIVAS EN TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS DE Ponte CALDELAS
Así, durante todo o mes de novembro se está levado a cabo, a través do CIM, toda unha serie de actividades preventivas e divulgativas en todos os centros escolares do municipio de Ponte Caldelas, é dicir, ademais do Cordo Boullosa, o CEIP da Reigosa e o Instituto.
Os talleres buscan romper os roles tradicionais e estereotipados tan arraigados na nosa sociedade, que os seguen atribuíndo ás mulleres a realización dos traballos doméstico-familiares o que, a xuízo dos responsales do CIM de Ponte Caldelas, constitúen un claro factor de desigualdade.
Con esta iniciativa coordinada polo Centro de Información á Muller del Concello de Ponte Caldelas preténdese levar a cabo un labor preventivo sobre procesos de intolerancia e contra o estereotipaje identitario e roles diferenciados por sexo que teñen unha especial incidencia nos alumnos destas idades.
Dun xeito lúdica e entretida, os alumnos recibirán consellos e ensinanzas relacionadas coa tolerancia, o diálogo, a igualdade entre sexos e a necesidade de eliminar todo tipo de prexuízos sociais acerca dos roles de xénero.
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, valora moi positivamente estes talleres, que levan realizándose con éxito dende hai varios anos no municipio, “posto que van dirixidos a mozos de ambos os dous sexos e se imparten no ámbito escolar co que se reforza o labor preventivo e educativo nestas idades onde comeza a ser necesario incentivar pautas de comportamento que favorezan a igualdade, a tolerancia e a convivencia”, asegurou o rexedor municipal.
Perfecto Rodríguez considera ademais que “precisamente mediante a educación e a modificación de roles sexistas é como as novas xeracións poden construír unha sociedade máis responsable onde a igualdade entre xéneros non sexa un obxectivo senón unha realidade a compartir”.











