Pontatro chega ao seu ecuador no Teatro Principal co espectáculo “Anxeliños” de Espello Cóncavo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O concelleira de Cultura, Anxos Riveiro presentou esta mañá a cuarta das 7 obras que componen o ciclo teatral Ponteatro , “Anxeliños” de Espello Cóncavo. Facíao acompañada do seu director, Arturo López e dos/as actores/actrices Estíbaliz Veiga, Fernando Morán e Isabel Risco, parte do elenco xunto a Rodrigo Roel e Mánu Fernández.

Arturo López, atribuíu a lección de esta obra de Roberto Vidal Bolaño por ser “o autor que mellor representa as arelas do teatro nacional galego, propio, con características de seu”. Obra que formaba parte dunha triloxía xunto a “Animaliños”  e “Criaturas” cun denominador común: os personaxes protagonistas son perdedores. E así o caso de Leti, interpretada por Estíbaliz que nun intento por definila dí que “ nun momento de superficialidade, de falta de preincipios e valores, Leti ten os seus propios. É unha muller feliz dentro da súa problemática e loita por resolvela”. Destaca tamén que “a representación desta obra está baseada  nun traballo en equipo, das ganas que teñen de traballar, de sacar adiante un programa e engrandecer a lingua galega, a cultura, e a Vidal Bolaño”

Fernando Morán, e tamén Isabel Risco, aproveitaron o seu turno para agradecer ao Concello a inversión en cultura: “Moitos deberían tomar nota e non botarlle a cula á crise. Hai que defender o teatro e a cultura como o estades a facer dende aquí”, comentaba Fernando, que representa na obra o papel que no seu tempo representou Bolaño, feito polo que sente unha grande satisfacción e responsabilidade.

A mañá do xoves, contará cunha intervención nas esculturas (como a que se fixo o domingo) entre ás 10:30 e as 11:30, hora á que comez a representación concertada con centros escolares de secundaria (IES Luis Seoane, Johan Carballeira de Bueu, A Sangiña  de A guarda, Monta da Vila do Grove e o Colexio Sagrado Corazón)

Os interesados/as en asistir ao pase para público en xeral, poden mercar as entradas anticipadamente na web de servinova ou no 902 504 500 a un prezo de 8 euros + gastos (4 euros + gastos para estudantes, parados e xubilados) e o mesmo día da función unha hora antes na billeteira do Teatro.

SINOPSE

Charli, “…. un cincuentón rancio, de aires chulescos e palabra acharlatanada, tal que saído do fotograma dunha película de detectives dos de antes…” é propietario dunha axencia adicada ao cobra de morosos. Leti, filla de Charli, “… un bordo simulacro de secretaria eficiente con pinta de puta cara”; Chema, marido de Leti e xenro de Charli “… a reproducción fotocopiada dun executivo agresivo caído en desgraza”; e Tigre, ” … un vello enxoxito e calvo, algo escaso…” Integran o censo laboral da axencia. O negocio marcha moi mal, os morosos non pagan e as débedas a moréanse, entre elas o aluguer do local, propiedade da nai de Sor Anxélica, “… unha monxa repoluda e malencarada”, emperrada en moralizar as relacións da súa nai cos homes e en cobrar o devendito aluguer.

Neste panorama de caos económico xurde a figura de Damián, irmán de Charli, un ganster retornado dos Estados Unidos lodo de terse fugado aló con Carme, esposa de Charli e nai de Leti. Damián, un auténtico profesional do crime, un tipo duro con métodos expeditivos e contrastados, ofrécelles os seus servizos para reflotar a axencia. Só lles pon unha condición: teñen que acabar con Carme, condenada a permanecer en estado vexetativo. E ten que facelo Charli. Pero Charli, que odia a Damián por terse fugado con Carme, inicialmente rexeita o trato. Posteriormente, urxido pola situación dos seus, rematará facédoo…

A COMPAÑÍA

A compañía Espello Cóncavo é unha  formación histórica no panorama teatral galego. Iniciou as súas andaduras conxuntas en 1993, aínda que moitos dos seus componentes provveñen dos albores do teatro. O seu propósito era facer un tatro asequible a todos, e  sempre comprometido coa sociedade, e empregando textos de autores galegos. Entre as súas obras atopamos: Vapores, Bailando en verán, As troianas, Peter Pan, Tres no bambán, Castelao sempre e Zardigot.

19 de novembro de 2013 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.