“Poio, a túa escola” mostra aos escolares os recursos patrimoniais da localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

O luns 2 de decembro, a Concellaría de Educación ten programada a visita dos nenos de 2º de primaria de todos os CEIPs de Poio, dentro do programa “Poio, a túa escola”, que ten como obxectivo amosar os recursos patrimoniais, históricos e socioculturais do noso municipio ao alumnado, co fin de acrecentar o seu coñecemento do contorno no que viven.

Nesta ocasión, trátase de 111 alumnos e alumnas de sete anos de idade dos centros escolares de Espedregada, Chancelas, Isidora Riestra, Lourido e Viñas, distribuídos en dous grupos.

Chegarán ao concello ás 10 h., e serán recibidos polo alcalde e a concelleira de educación, Alicia Martínez, para coñecer as instalacións municipais e o funcionamento da administración local.

A continuación, realizarán unha visita ao Mosteiro de San Xoán de Poio, o hórreo, os claustros, os mosaicos, a sala de exposicións.

28 de novembro de 2013 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.