“Pmus, barrio a barrio” visita a praza de Catro Camiños
O Concello da Coruña, a través da área de Mobilidade que dirixe Begoña Freire, informa de que a campaña ‘PMUS, barrio a barrio’ chegou este luns á praza de Catro Camiños. Mañá, martes 26 de novembro, desprazarase ao barrio da Sagrada Familia (ao lado da Igrexa de San Rosendo).
O horario será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.











