“PMUS, barrio a barrio” chega a Monte Alto
O Concello da Coruña, a través da área de Mobilidade que dirixe Begoña Freire, informa de que a campaña ‘PMUS, barrio a barrio’ chega hoxe, venres 15 de novembro, ao barrio de Monte Alto, na zona do mercado.
Está previsto que mañá sábado a carpa se sitúe na zona de Riazor e o luns, día 18, en Matogrande.











