“PMUS, barrio a barrio” chega a Castrillón
O Concello da Coruña, a través da área de Mobilidade que dirixe Begoña Freire, informa de que a campaña ‘PMUS, barrio a barrio’ se celebrará mañá, martes 12 de novembro, no barrio do Castrillón. En concreto, a carpa estará na praza de Pablo Iglesias de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.











