publicidade hoxe

Pechado ao público o ximnasio do CPI Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

A dirección do CPI Pontecesures ven de decidir o peche do ximnasio esta mañán por mor dos graves problemas de humidade provocados pola deficiente cuberta do edificio. En consecuencia estanse a producir constantes goteiras que provocan o levantamento do chan de madeira, e charcos que poden provocar caídas dos usuarios da instalación.

Durante a mañán intensificáronse os contactos entre dirección do centro e o concelleiro de Educación coa delegación de Pontevedra para que solucione canto antes este problema.

A xefatura provincial de educación comprometeuse ao arranxo da cuberta do pavillón, en tanto o  Concello vai levar a cabo as reparacións da tarima para que o ximnasio volva ser utilizado.

6 de novembro de 2013 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.