publicidade hoxe

Paradela recibe o autobús da campaña de apoio á Ribeira Sacra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoParadela
A-
A+

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, recibiu esta mañá o autobús rotulado da campaña de apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade á súa chegada a Paradela, onde permanecerá ata o vindeiro día 16 de novembro en Pacios, capitalidade do municipio. López Izquierdo recibiu en solitario ó vehículo, logo de que o Alcalde da localidade, José Manuel Mato, non respostara ó chamamento da Deputación de Lugo para apoiar á campaña itinerante no seu Concello.

López Izquierdo destacou que precisamente hoxe cúmprese un mes dende a posta en marcha da campaña, tempo no que xa se levan rexistradas máis de 4.500 sinaturas, o que amosa o éxito da iniciativa emprendida pola Deputación de Lugo. “Estuo convencida de que os veciños de Paradela son sabedores dos beneficios que conleva ser Patrimonio da Humanidade e apoiarán esta campaña coa súa sinatura, ó igual que xa o fixeron os de Lugo, Monforte, Chantada, Ribas de Sil, Taboada e Carballedo”.

A implicación da cidadanía é fundamental para que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, encargado de presentar a proposta ante a UNESCO, se decida a favor da candidatura da Ribeira Sacra. “É imprescindible que administracións e cidadanía traballemos conxuntamente para acadar o obxectivo”.

O autobús rotulado da campaña permanecerá ata o día 16 de novembro na explanada situada fronte ó edificio do Mercado Gandeiro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, para que todos os que o desexen poidan asinar no libro oficial da UNESCO. Ademais de deixar a súa sinatura poderán atopar material promocional da campaña e información sobre as terras da Ribeira Sacra.

15 de novembro de 2013 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.