Palas de Rei incrementará a dotación de efectivos da Garda Civil no municipio palense
No día de hoxe, tivo lugar na Casa Consistorial Palas de Rei, a celebración dunha Xunta Local de Seguridade, presidida polo alcalde palense, e que contou coa presenza de representantes das distintas forzas e corpos de seguridade, dende a policía autonómica e local, representantes da Guardía Civil e do Subdelegado do Goberno en Lugo.
Na mesma, deixouse constancia, entre outros aspectos, de que a tasa de delincuencia comparada con outros concellos lucenses, este, é un dos concellos que máis experimenta un descenso. Con respecto a incendios forestais, a policía autonómica, informaba, que no municipio palense no ano 2011 rexistraronse un total de 46 incendios forestais; no 2012 foron 34 o número total de incendios forestais; e no presente ano foron 23 o número de incendios rexistrados. Co cual, os datos indican unha considerable baixada nos incendios rexistrada neste termo municipal, ao que o alcalde matizou que unha das causas explicativas pódese deber a progresiva valorización dos terreos forestais neste municipio, dado que moitos terreos que noutros anos estaban en estado de avandono, no presente, se están valorizando con prantacións, por exemplo de castiñeiros, así como, as obras da autovía lugo-santiago contribuiron a evitar o avandono de terreos que antes tiñan maleza e vexeteción silvestre.
En canto a accidentes de tráfico a Guardia Civil fixo 30 actuacións no que vai de ano neste termo municipal. Neste senso, o alcalde de Palas de Rei aprobeitou para loubar a labor que desenpeñan os efectivo da Guardia Civil neste Concello, non só en accidentes de tráfico, senón que tamén no resto de labores de seguridade e protección das persoas, así como, en labores de información. Matizou ademáis, a importancia deste corpo para un pobo como Palas de Rei polo que atravesas dúas rutas de peregrinaxe a Santiago de Compostela polas que a diario pasan centos e centos de camiñantes que unha parte importante deles acaban reclamando a súa axuda. Neste senso e visto que no Cuartel de Palas de Rei actualmente dispon dunha dotación de 5 axentes, dos cales sólo están de servicio dous axentes dado que outros dous están de baixa e o terceiro está vacante (puesto do sargento) o alcalde propuxo que sería importante incrementar a dotación de efectivos totais no posto de Palas de Rei. Por a súa banda, o subdelegado do Goberno en Lugo, matizou que nuns meses a vacante de sarxento quedará cuberta e tentarán cubrir o resto de postos de baixa, así como estudiaran incrementar si fora posible o número de efectivos da guardia civil en Palas de Rei.
Noutro orde de cousas tamén se expuxo o Plan Director para a Convivencia e a Seguridade nos Centros Escolares e o Plan Operativo de Consumo e Tráfico de Drogas. Así como tamén, o alcalde informou do estado das obras de instalación do sistema de videovixiancia no polígono empresarial palense, moi demandado polas empresas asentadas no mesmo, que estará conectado directamente coas distintas forzas e corpos de seguridade dando avisos de alarmas que se produzcan no polígono palense.











